Nous - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Nous
Termo grego derivado de "noéin" (ter un pensamento na mente, no espírito) que etimoloxicamente remite a significados relacionados coa visión, o pensamento e a reflexión, e que adoita traducirse por "intelixencia", "intelecto" ou "espírito".

Anaxágoras introdúceo na súa filosofía cun significado similar ao de "intelixencia ordenadora", para explicar o movemento das "sementes" /homeomerías) que dá lugar á constitución do cosmos: así e todo, o papel da intelixencia queda reducido ao de causa inicial do movemento que, unha vez producido, segue actuando por si mesmo sometido a causas exclusivamente mecánicas.

Para Platón o Nous é a parte máis elevada da alma, que permite o coñecemento directo, a intuición das Ideas, mediante a noese, contraposta á diánoia.